Select Page

ColaboraR CO ENTROIDO

O Entroido de Xinzo é unha festa de todo o pobo e entre todas e todos debemos axudar para mellorala ano a ano, facendo que medre en calidade e variedade a programación e tamén poñendo a disposición da organización todos os medios necesarios. Para iso é imprescindíbel a máxima colaboración económica posíbel de todas as empresas e persoas físicas que o desexen. 

Con esta finalidade a Comisión do Entroido 2020 disponibiliza a seguinte conta bancaria na que se recolleran os donativos voluntarios destinados a axudar a sufragar os gastos da festa:

ES07 2080 5303 0431 1001 1663

Lembramos que esta é a única canle de colaboración económica establecida pola Comisión e o Concello de Xinzo na procura de sermos o máis transparentes posibles cara a nosa cidadanía, polo tanto agradecemos que calquera achega se faga por esta vía xa que non se recollerá ningunha doazón en mán por ningún motivo.

Cada aportación recibirá unha insignia diferenciadora do Entroido de Xinzo 2020 segundo a achega doada e ademais, querendo apoiar o comercio local, volverase a preparar unha pantalla LED cunhas dimensións de 4x2m que se emprazará diante da Praza Maior para facer publicidade daqueles establecementos que colaboren connosco da seguinte maneira:

  • 50 – 100€: insignia de unha estrela.
  • 101 – 150€: insignia de dúas estrelas.
  • 151 – 200€: insignia de tres estrelas e 3 segundos de publicidade.
  • 201 – 250€: insignia de catro estrelas e 5 segundos de publicidade.
  • 251 – 300€: insignia de cinco estrelas e 8 segundos de publicidade.
  • 301€ en adiante: insignia de cinco estrelas e 15 segundos de publicidade.

Unha vez feita a transferencia, será necesario mandar a imaxe ou vídeo que desexes amosar na pantalla ao correo: comision@entroidoxinzo.gal

Agradecemos por adiantado a colaboración de todas e todos coa festa máis importante de Xinzo e unha das festas máis coñecidas de Galicia.