Select Page

Un ano máis chegan as datas do MELLOR Entroido DO PAÍS. do 21 ao 25 de febreiro serán os días centrais da festa, pero en Xinzo empezamos moito antes! O día 1 xa damos o estourido de saída co Petardazo, a partir de aí todos os domingos hai entroido. acompáñanos a coñecelo e a desfrutalo!

Day(s)

:

Hour(s)

:

Minute(s)

:

Second(s)

01/02 Petardazo

00:00 – Comezo da Festa na Praza Carlos Casares.

Animación das rúas da vila a cargo de Xituma Batuke e Festicultores Troupe ata as 03:00h.

02/02 Fareleiro

A partires das 17:00h comezo das fareladas na Praza Maior e no casco vello da vila.

08/02 Colgamento do Meco

Entre lusco e fusco, saída do Meco dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior polo casco vello da vila acompañado pola súa comitiva.

23:00h Concerto na Praza Maior a cargo de Xosé Lois Romero & Aliboria.

1:00h Concerto na Praza Maior a cargo de Baiuca.

2:30h Foliada polo casco vello da vila ata que o corpo aguante.

09/02 Oleiro

12:30h Saída do carro das Olas dende o Museo Galego do Entroido.

13:00h Oleiro infantil na Praza Maior.

16:00h Segunda saída do carro das Olas dende o Museo Galego do Entroido.

16:30h Oleiro polas rúas e prazas do casco vello da vila.

21:00h Baile de “mascaritas” na Praza Maior a cargo de Pepe Vaamonde Grupo.

Ademais durante todo o día acompañaranos polas rúas os grupos Rebulir, Candaira, Lirolai, Cantaralai, Os Ghalos d’Antioquía e Os da Pedra Alta.

Agradécese a todos e todas as participantes desta fin de semana de Oleiro que vistan á moda dos anos 20 ou 30.

15/02 Noite de Corredoiro

Charanga Achicoria
Fanfarria Pepe “El Chelo”

A partir das 22:00h polas rúas e prazas da vila.

 

16/02 Corredoiro

Primeiro día do ano no que as Pantallas de Xinzo saen á rúa.

Fanfarria Pepe “El Chelo”
Charanga XL

A partir das 12:00h polas rúas e prazas da vila.

 

21/02 Venres de Entroido

11:30h Gran Desfile Infantil coas Charangas Manía, Nova, Sorcha, Albor, Charanga de Bande e Achicoria.

18:00h Animación infantil na Praza Maior a cargo de Divercóxegas con concursos, agasallos e moita diversión.

23:00h Concerto na Praza Maior a cargo de King África coa colaboración do Colectivo Danzón.

Charanga Manía
Charanga Achicoria

A partir das 22:00h polas rúas e prazas da vila.

22/02 Sábado de Entroido

Charanga Cubalibre
Charanga La Nota
Charanga Bongo Band

A partir das 12:00h polas rúas e prazas da vila.

23/02 Domingo de Entroido

11:30h Alborada polas rúas da vila coa Agrupación Musical da Limia.

18:00h Concerto na Praza Maior a cargo da Agrupación Musical da Limia.

19:00h Orquestra Gran Parada no Parque do Toural.

Charanga Alambique
Charanga Achicoria
Charanga Bongo Band
Charanga BCB
Charanga Los Fujitivos

A partir das 12:00h polas rúas e prazas da vila.

24/02 Luns de Entroido

16:00h Pase da Charanga Nova no Centro de Día e na Residencia da Terceira Idade.

17:30h Animación infantil con Uxía Lambona e a Banda Molona.

Charanga XL
Charanga Los Fujitivos

Charanga Nova
Charanga Achicoria
Charanga BCB

A partir das 12:00h polas rúas e prazas da vila.

25/02 Martes de Entroido

19:00h Orquestra Marbella no Parque do Toural.

Charanga Cubalibre
Charanga
Achicoria
Charanga
XL

A partir das 12:00h polas rúas e prazas da vila.

26/02 Mércores de Cinsa

20:00h Solemne procesión coa Sardiña acompañados da Agrupación Musical da Limia.

21:00h Lectura do testamento que deixou a Sardiña, na Praza Maior.

01/03 Domingo de Piñata

12:00h Gran Desfile de Comparsas e Carrozas coas Charangas XL, Los 4 Gatos e outros grupos musicais.

17:00h Xogos e animación infantil na Praza Maior con Ocioavia.

19:00h Orquestra Nebraska no Parque do Toural.

* Farase entrega dos premios de desfile ao rematar a orquestra no palco da mesma.

Charanga Los 4 Gatos
Charanga XL

A partir das 18:00h polas rúas e prazas da vila.

O cartaz Entroido 2020 é obra da deseñadora limiá @IriaProl

TRADICIÓN. RESPECTO. SENTIMENTO.

Toda esta programación musical é apenas un complemento do Entroido real, o que se vive día a día nas rúas e prazas do pobo, o Entroido que fan e no que participan as verdadeiras protagonistas desta festa: todas as veciñas e veciños de Xinzo, de todas as idades, o Entroido que queremos exportar e compartir coa xente que nos visita. Convidamos a vivir o Entroido de Xinzo a calquera que participe deste espírito, pero sempre fieis á TRADICIÓN con RESPECTO e SENTIMENTO.