Select Page

Seguridade

Queremos que o Entroido de Xinzo sexa unha festa desfrutada por todas as veciñas e veciños, e pola xente que nos visita, en condicións de total seguridade. Por iso este ano, por primeira vez, dispoñemos dun Plan de Autoprotección no que se analizan todos os riscos e se establecen todas as medidas preventivas.

Solicitamos e agradecemos a colaboración de todas e todos para que estes días de festa trascurran con total normalidade. Tamén pedimos desculpas por anticipado polas pequenas molestias que se poidan ocasionar polos controis, cortes de rúas, etc.

A título informativo poñemos un resumo de algunhas informacións de interese xeral. O plan completo pode ser descargado dende aquí.

Localización dos recursos

No seguinte plano detállase a ubicación física dos recursos de emerxencia previstos:

  • Estación de Autobuses: Punto de encontro, Protección Civil e Ambulancia.
  • Praza Maior: Carpa asistencial da Cruz Vermella.
  • Rúa Ladeira: Garda Civil e Centro de Saúde.
  • Casa do Concello: Policía Local e Centro de coordinación do dispositivo.

Rutas de evacuación

Estas son as rutas de evacuación para cada unha das zonas establecidas A, B e C.

Zona A

Zona B

Zona C

Cortes/desvíos de tráfico, retirada de vehículos, vixilancia e protección

A gran afluencia de visitantes ao Entroido, conleva á súa vez unha grande influencia sobre o tráfico local, que pode xenerar en puntos concretos, incidencias no tráfico urbano. En previsión destas circunstancias, la Policía Local de Xinzo pondrá en marcha un Plan de Mobilidade dotado de recorridos alternativos.

Nesta edición do Entroido 2020 realizaranse os seguintes cortes de tráfico:

Corte TIPO A:
– Nacional N-525 coa OU-304 (Carretera de Baltar)
– N-525 coa Pista Cepetal e Pista dos Castros
– OU-531 coa Pista Sitibal (Estrada de Celanova)

Corte TIPO B:
– Nacional N-525 coa OU-304
– OU-531 coa OU-304
– N-525 (na glorieta) coa Estrada de acceso á Autovía A-52

Corte TIPO C:
-Rúa Dous de Maio coa N-525 ata a Estación de Autobuses.

Os cortes realizaranse en función do día, seguindo este esquema:

EVENTO TIPO DE DESVIO
Sábado, 1 de febreiro
PETARDAZO
TIPO B
Venres, 21 de febreiro
DESFILE INFANTIL
VENRES DE ENTROIDO
TIPO A
Sábado, 22 de febreiro
SABADO DE ENTROIDO
TIPO B
Domingo, 23 de febreiro
DOMINGO DE ENTROIDO
TIPO C
Luns, 24 de febreiro
LUNS DE ENTROIDO
TIPO B
Domingo, 1 de marzo
DESFILE DOMINGO DE PIÑATA
TIPO A

Os horarios de corte e tipo de desvío, estarán condicionados ao criterio da Policía Local de Xinzo de Limia, segundo as condicións meteorolóxicas, número de visitantes, etc.

Retiraranse os vehículos aparcados nas rúas polas que trascorrerán os desfiles do “Colgamento do Meco” e o Desfile do Entroido que se celebrará no Domingo de Piñata.

Controlarase de xeito especial que, en momentos concretos e especialmente durante os desfiles, os vehículos de grandes dimensións e de mercadorías perigosas queden fóra do centro urbano.