Select Page

Desfile do Entroido 2020

Unha das novidades máis salientabeis deste ano é que o tradicional desfile de carrozas e comparsas pasará a celebrarse o Domingo de Piñata, ás 12:00h.

Por cuestións organizativas e para optar aos premios as e os participantes deberán anotarse previamente. Para facelo podes descargar esta folla de inscrición e entregala cuberta con todos os datos a calquera membro da Comisión, na Biblioteca Municipal (Casa da Cultura) ou enviala ao correo: comision@entroidoxinzo.gal. No caso de levar menores de idade débese cumplimentar tamén unha autorización e adxuntala xunto coa folla de inscrición.

Este ano os premios serán os seguintes:

  • UN premio para o mellor disfrace individual de 200€ (168,07€ descontado o IRPF)
  • UN premio para o mellor dúo/trío de 400€ (336,13€ descontado o IRPF)
  • UN premio para a mellor comparsa de 1.000€ (840,34€ descontado o IRPF)
  • TRES premios para as mellores carrozas:
    • Primeiro premio de 1.200€ (1.008,40€ descontado o IRPF)
    • Segundo premio de 800€ (672,27€ descontado o IRPF)
    • Terceiro premio de 400€ (336,13€ descontado o IRPF)

O Concurso de Carrozas e Disfraces regularase polas seguintes bases que están á disposición dos participantes.

Solicitamos e agradecemos a colaboración coa Organización para, entre todas e todos, conseguirmos que o desfile sexa o merecido remate a un mes da nosa festa máis internacional.