Select Page

Programación do ENTROIDO 2020

O Entroido é unha festa que se celebra e se vive na rúa na que os protagonistas sodes vós, as veciñas e veciños, todo o pobo de Xinzo.

Co obxectivo de que todas desfrutemos ao máximo destes días deseñamos unha programación na que todo o mundo poida atopar o seu intre, con música, concertos, actividades para as crianzas, etc.

Agardamos que todas as actividades e actuacións programadas sexan do agrado das veciñas, veciños e visitantes, que desfruten ao máximo destes días participando e mergullándose na festa.

Podes descargar o Programa do Entroido 2020 dende aquí.