CONCURSO DE DISFRACES E CARROZAS DO DESFILE DO ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA 2023

BASES

1.- OBXECTO

É obxecto das presentes bases reguladoras o Concurso de Disfraces e Carrozas que se celebrará o martes, 21 de febreiro de 2023, MARTES DE ENTROIDO, e que organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Xinzo de Limia en colaboración coa Comisión do Entroido do ano 2023.

2.- PARTICIPANTES

2.1.- Poderán participar no concurso todas aquelas persoas e colectivos interesados, sen límite de idade. As/Os menores de idade deberán presentar xunto cos demais papeis requiridos a autorización necesaria conforme teñen o permiso do seu titor legal para ser partícipes do concurso.

2.2.- As persoas participantes deberan elixir a categoría na que se queren inscribir: INDIVIDUAL, DÚO/TRÍO, COMPARSA ou CARROZA, optando aos premios establecidos en cada unha delas.

3.- INSCRICIÓN

3.1.- A inscrición realizarse cubrindo o formulario no que se recollerán os datos necesarios: número de compoñentes, categoría inscrita, temática do disfrace, etc.

O formulario estará dispoñible nas páxinas web do Concello de Xinzo de Limia (www.xinzodelimia.gal) e do Entroido de Xinzo 2023 (www.entroidoxinzo.gal).

Para a súa presentación deberá ser enviado ao correo electrónico: comisionentroidoxinzo@gmail.com, ou poderase entregar presencialmente na Biblioteca Municipal de Xinzo de Limia (Casa de Cultura), en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

3.2.- O prazo de inscrición rematará o VENRES, 17 de febreiro de 2023, ás 20:00h.

4.- NORMAS DE PARTICIPACIÓN

4.1.- As/Os participantes inscritos no Concurso de Disfraces e Carrozas deberán estar establecidos o día do desfile, ás 12:00h, na Rúa Rosalía de Castro coa Rúa Padre Feijoó, na orde de saída proporcionada pola organización nese mesmo intre. Entregaráselle unha insignia co número correspondente á orde do desfile para poder levar a cabo as votacións polo xurado.

4.2.- Deberán respectar o percorrido establecido pola organización, sen saírse del. O percorrido transcorrerá pola Avd. de Madrid e Avd. de Ourense, ata o Parque do Pombal.

4.3.- Establécense TRES categorías de disfraces: INDIVIDUAL, DÚO/TRÍO e COMPARSAS (considerase comparsa a un grupo de persoas cunha mesma temática para os disfraces cun mínimo de 8 persoas) e UNHA categoría única de CARROZAS (considerase carroza a un grupo de persoas cunha mesma temática para os disfraces que inclúan unha plataforma móbil).

4.4.- Cada participante só poderá concursar nunha única categoría, que será a recollida na inscrición presentada, sen opción de modificala con posterioridade.

4.5.- O xurado disporá dunha táboa para a valoración dos disfraces e carrozas. Os seus integrantes disporán do tempo do desfile para realizar a valoración dos diferentes participantes.

4.6.- Os resultados das votacións faranse públicos nas RR.SS. da Comisión e do Concello esa mesma noite e publicamente no palco da orquestra disposta o mesmo día do desfile ao carón do Parque do Toural.

4.7. – Os participantes no desfile comprométense a responsabilizarse das accións ou omisións que se produzan durante o mesmo, eximindo á organización de calquera tipo de responsabilidade por ditos actos.

4.8.- Os participantes que leven carrozas, serán responsables das mesmas e das autorizacións que se lles puidesen requirir ao seu efecto, sendo responsables á súa vez da súa seguridade. Nos camións colocarán “faldóns ríxidos” nas rodas a fin de evitar que ningunha persoa (sobre todo cativos) poida meterse baixo delas.

4.9.- Queda totalmente prohibido o uso de petardos, esprais ou o lanzamento de obxectos perigosos ao público.

4.10.- Queda totalmente prohibida a participación no desfile con calquera tipo de animal (inclusive animais de tiro ou monta).

5.- XURADO E CRITERIOS

5.1.- Ábrese, neste punto, a convocatoria para a pertencer ao xurado deste mesmo concurso mediante inscrición ao mail: comisionentroidoxinzo@gmail.com, aportando os datos persoais do/a interesado/a.

5.2.- Ningún xuíz ou xuíza pode participar no desfile.

5.3.- O xurado estará composto por un mínimo de tres persoas.

5.4.- No caso de non presentarse ninguén para formar parte do xurado, a organización do Entroido será a encargada de levar adiante o fallo do xurado.

5.5.- O xurado deberá valorar:

a. Estética, orixinalidade e creatividade dos disfraces.
b. Posta en escena (interacción co público, coreografía, teatro, etc.)
c. Elaboración propia/artesanal.
d. No caso das carrozas: estética, orixinalidade e creatividade da mesma.

A organización aportará unha táboa para axudar a realizar a valoración nas diferentes categorías. Cada criterio valorarase de 0 a 10 puntos para obter a puntuación final. Ao remate do desfile as/os compoñentes do xurado entregarán as táboas aos organizadores. As/Os premiadas/os estableceranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado.

5.6.- A valoración só se poderá facer durante o percorrer do desfile. Unha vez rematado, calquera valoración será desestimada.

6.- PREMIOS

6.1.- A dotación total de premios para o Concurso de Disfraces e Carrozas do Entroido 2023 será de 4.000€, descontando o IRPF correspondente (19%).

TRES PREMIOS para os mellores DISFRACES:

  • UN PREMIO para o mellor disfrace INDIVIDUAL de 200€ (168,07€ co desconto do IRPF)
  • UN PREMIO para o mellor DÚO/TRÍO de 400€ (336,13€ co desconto do IRPF)
  • UN PREMIO para a mellor COMPARSA de 1.000€ (840,34€ co desconto do IRPF)

TRES PREMIOS para as mellores CARROZAS:

  • UN PRIMEIRO PREMIO de 1.200€ (1.008,40€ co desconto do IRPF)
  • UN SEGUNDO PREMIO de 800€ (672,27€ co desconto do IRPF)
  • UN TERCEIRO PREMIO de 400€ (336,13€ co desconto do IRPF)

6.2.- As/Os participantes premiados recibirán un diploma polo importe do premio. Con este documento será necesario presentarse no Concello de Xinzo de Limia en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres, coa seguinte documentación:

No caso do premio da categoría INDIVIDUAL:

  • Copia do D.N.I. do gañador.
  • Copia do D.N.I. do titor legal (no caso dos menores de idade).
  • Certificado bancario (IBAN) do número de conta da persoa gañadora ou do titor legal para o cobro do premio.

No caso dos premios das categorías DÚO, COMPARSA e CARROZAS:

  • Documento de acreditación de representación do grupo firmado por todos os integrantes.
  • Copia do D.N.I. dos titores legais, en caso de haber algún menor de idade.
  • Certificado bancario (IBAN) do número de conta da persoa que represente ao grupo para o cobro do premio.

6.3. Nos premios procederase á retención do IRPF de acordo co establecido na lei 35/2006 do 28 de novembro do IRPF.

7.- CONFORMIDADE

Todas/os as/os participantes, polo feito de selo, aceptan as presentes BASES na súa totalidade.

A organización realizará unha cobertura fotográfica dos diferentes momentos do desfile e do concurso de disfraces e carrozas. As/Os participantes, mediante a súa inscrición, consentirán a cesión da súa imaxe para as fotografías que se realizarán durante a celebración do concurso. As fotografías serán empregadas pola Concellería de Cultura e a Comisión do Entroido con fins divulgativos e para a promoción das súas actividades nas súas RR.SS. e páxinas web oficiais.

8.- ÓRGANO COMPETENTE

O órgano competente para a ordenación, instrución e resolución do procedemento derivado das presentes bases será a Alcaldía de Xinzo de Limia.

En Xinzo de Limia, a 30 de xaneiro do 2023

TRADICIÓN RESPECTO SENTIMENTO